Redacción de la Semana de las Ciencias por Sira Otero García

A Semana das Ciencias foi moi divertida. Pasámolo moi ben facendo o experimento, fomos todos ao laboratorio e puxémonos por parellas para facelo. Eu fun cunha amiga miña, Paola. As profes Begoña e Victoria estiveron con nós facendo o experimento. O que fixemos foi que puxémos un repolo vermello a ferver e a auga quedou morada. Metémola nunhas probetas e mesturámolo con vinagre, deterxente, bicarbonato, etc. E tiñamos que dicir a que grupo pertencía ao neutro, ao ácido ou ao básico. ¡Foi moi divertido!

Cando fixemos a “Webquest” das enerxías renovables fomos á aula dos ordenadores e tamén puxémonos por parellas, algúns de tres. Eu fun con Víctor e Tania que tamén son meus amigos. O que fixemos foi que escribiamos a pregunta no Word e tiñamos que contestala pero podíamos usar “google” ou algún outro buscador. Tras moito esforzo só quedaron dous grupos finalistas Ana, Alba e Andrea no primeiro grupo e no segundo, Paola e Andrés. Pasámolo moi ben facendo a webquest e o experimento. Aínda que algunhas partes da ciencia son moi aburridas, outras como esta do experimento son moi divertidas. Foi unha Semana das Ciencias estupenda.


No hay comentarios:

Publicar un comentario